Venres 25 de maio de 2018 ás 19:30 h. Entrada gratuíta.

Achega voluntaria: 1 kg de comida non perecedoira que se doará ao comedor social das Irmás do Silencio.

Comentaremos este libro, no que o seu autor, Lou Marinoff, explícanos como levar unha vida máis equilibrada se adoptamos un enfoque filosófico ante os problemas, inquietudes e preocupacións.

Inspirándose nos máis grandes filósofos da historia, ensínanos a enfrontarnos ás dificultades habituais da vida, como as relacións amorosas, a morte ou un cambio profesional. En definitiva, como cambiar as nosas vidas a través da filosofía.