Consegue a túa entrada gratuíta: https://www.eventbrite.es/e/entradas-charla-coloquio-educacion-emocional-liberandose-de-emociones-toxicas-41621665522

Desde a filosofía veremos o lugar que ocupa a emoción na personalidade humana e a súa ampla gama: as sensacións físicas, as emocións, as paixóns e os sentimentos. Comprenderemos a necesidade de manter limpo o mundo emocional, liberándonos de emocións tóxicas e educándonos para unha maior saúde en todos os planos.