filosofia-mentes-inquietas

 

Avda. Gran Vía 2 – 3º , Vigo.
Tel. 986 260 610 – 620 972 419

A quen vai dirixido o curso:
A súa forma, sinxela e profunda á vez, permite que calquera persoa poida seguilo.

Descrición
Este curso fai un percorrido sintetizado polos coñecementos máis significativos das civilizacións de Oriente e de Occidente.

Obxectivo
Ser unha fonte de inspiración para afrontar as grandes preguntas do ser humano, cos seus retos persoais e colectivos.

Contidos
Coñecemento do ser humano
– Ética: harmonizar pensamento, sentimento e acción.
– Que é a vida? Que é a morte? (Filosofía da India: Bhagavad Gita)
– Importancia da acción altruísta: A lei de acción -reacción á vida (Filosofía da India)
– Criterios para unha escala de valores: distinguir os valores duradeiros dos pasaxeiros (Filosofía do             Tíbet: a Voz do Silencio)
– Como vivir a pesar da dor: medios humanos para tranquilizar a dor. O camiño do medio (Filosofía budista: sermón Benarés. Sutra do Diamante)
– Fundamentos da felicidade (Aristóteles e a filosofía grega. Ética a Nicómaco)
– A procura da unidade: contemplación e beleza (Filosofía neoplatónica: Plotino, Hypatia?)

Prácticas de psicoloxía para desenvolvemento de: atención, imaxinación, memoria, intelixencia? (a partir Tema III)

O ser humano e a sociedade
– Orde e harmonía: a nivel individual e social (Filosofía chinesa. Confucio, Chuang Tse)
– Valores humanos na vida cotiá: familia, traballo, amizade? (Sabedoría exipcia: Ptahotep, Libro da saída da alma á luz do día)
– Fórmulas de convivencia . O mito da caverna. (A República de Platón)
– Destino e liberdade. (Filosofía estoica: Séneca, Epícteto, Marco Aurelio)

Nas clases proporciónase un resumo dos textos orixinais, bibliografía e, para que os alumnos poidan profundar no estudo, dispoñemos dunha biblioteca especializada con libros de filosofía , historia , mitoloxía , arte, etc ?

Prezo: Cota mensual 30 euros
Duración: 40 horas
Metodoloxía: unha clase por tema de dúas horas, un día á semana.

 

Inscríbete