inteligencia-emocional

AUDIOVISUAL-COLOQUIO

Todos os venres de maio ás 20:00 h.

Entrada libre

Que é intelixencia emocional?

O escritor norteamericano Daniel Goleman popularizou o termo de intelixencia emocional, definíndoo como unha forma distinta de ser intelixente e que ten que ver coa forma na que o individuo xestiona as súas propias emocións e é capaz de sintonizar coas emocións dos demais.

Quizais o máis interesante da hoxe chamada intelixencia emocional (algo que nas escolas de filosofía se chamou formación do carácter) sexa que nos axuda a coñecernos a nós mesmos.

Saber pensar, saber sentir… Como podemos desenvolver algunhas destas habilidades mentais e emocionais para unha mellor convivencia connosco mesmos e cos demais?