Inscrición aberta.

O obxectivo destes Talleres de Escritura Creativa é o de estimular a creatividade e conseguir que a imaxinación atope o camiño de saída dese complicado labirinto que todos levamos dentro.

Descobre como expresar por escrito a túa voz interior!!

Presentación gratuíta. Cota do taller: 40 €/mes

Impartido por José Carrera (escritor)

  • Inicio nivel básico: luns 2 de setembro ás 19:00 h. (presentación gratuíta: primeira media hora)
    8 clases de 2 horas. Un día á semana: luns de 19:00 a 21:00 horas.
  • Inicio nivel avanzado: xoves 5 de setembro ás 19:00 h. (presentación gratuíta: primeira media hora) 8 clases de 2 horas. Un día á semana: xoves de 19:00 a 21:00 horas

TEMARIO

Atopa a túa visión: Cada un é quen é e escribe o que quere transmitir. Voces únicas.
Todo é literatura: A narración como modo de entender o mundo.
Describir: O poder dos sons, das imaxes, das descricións. Aprender a describir “o que vemos, o que sentimos”.
Inspiración: Onde descubrir unha historia. Fontes de inspiración, noticias, outros relatos, anécdotas, historias familiares, soños, etc.
O relato curto como xénero en si mesmo.
Narración: Xéneros. Comedia. Drama. Histórica. Biografía. Misterio.Fantasía. Sagas, etc.
Distribución das historias: Formulacións atractivas. Nó. Que a parte central non decaia. Desenlaces memorables.
Personaxes: A clave está nos detalles. Definición polas súas palabras, polas súas accións, pola súa historia. Como crear personaxes únicos e memorables.
Publicar ou non?: Onde facelo, con quen, como presentarse a concursos literarios.

TEMARIO NIVEL AVANZADO

A intriga e a trama.
O tempo no relato.
Descricións.
Ambientación.
Exercicios de estilo.
Escribir a partir dun final.
Ideas inesperadas.
Equilibrio e ritmo.
Metáforas na redacción e personaxes.

Inscríbete